Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email
Facemos cine
En A Rúa traballamos realizando documentais e ficción
cinema en curso
Entre Redes
Documental que busca recoñecer o traballo da rede na vila de Cangas e a súa importancia para o sector da pesca.
Curtametraxe/documental elaborada polo alumnado de 6º durante o curso 2016/2017
Móvete por Cangas
Unha guía turística da nosa vila feita por nen@s e para nen@s.
A horta
Este ano en A Rúa queremos mellorar a nosa horta e o noso patio
Xornal Faladeiros
As novas do cole contadas pol@s nen@s
Xornal dixital

27/02/18

MATRICULA CURSO 2018-2019

CEIPARUA

EDUCACIÓN INFANTIL

·                        4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.
·                        5º de Educación Infantil (4 anos): 7 prazas
·                        6º de Educación Infantil (5 anos): 4 prazas


         EDUCACIÓN PRIMARIA

·                                      1º de Educación Primaria: 0 prazas
·                                      2º de Educación Primaria: 5 prazas
·                                      3º de Educación Primaria: 2 prazas
·                                      4º de Educación Primaria: 1 praza
·                                      5º de Educación Primaria: 8 prazas
·                                      6º de Educación Primaria: 7 prazas





PROCESO DE MATRICULACIÓN


 Prazos:
  • Solicitude de admisión (Anexo II) e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 3 ao 16 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.
  • Reclamacións ás listas provisionais: do 26 de abril ao 4 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 15 de maio.
  • Formalización de matrícula (Anexo III): do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria para formalizar a matrícula: 
  • Impreso de formalización de matrícula (Anexo III): recóllese en Conserxería ou online.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas 
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
  • Certificado de empadroamento (so no caso de baremar)

Información de interese:
·      Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
·      O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
·      Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Lexislación de referencia: 
  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)
  • Orde do 25 de xaneiro de 2917 (DOG 01/02/2017)

05/02/18

SOLICITUDES DE RESRVA DE PRAZA

CEIPARUA
SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA. 
DO 1 AO 15 DE FEBREIRO.

Acaba de abrirse o prazo para a entrega das solicitudes de reserva de praza.

O prazo comeza o 1 de febreiro e remata o 15 de febreiro.

As familias podedes cumprimentar as solicitudes de reseva de xeito manual(co documento que temos no centro),  ou a través da dirección www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ onde tedes toda a información.

25/07/17

Premios Proxecta 2016/2017

CEIPARUA
  O profesorado do CEIP A Rúa ven de acadar o recoñecemento na súa labor na implantación de metodoloxías activas e innovadoras. 

27/06/17

Preinscripción para o comedor escolar, curso 2017/2018

CEIPARUA

Para os interesados en apuntarse ao comedor no vindeiro curso,  o Concello de Cangas a través do convenio que vai a asinar coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, seguirá a xestionar o comedor escolar deste centro , durante o curso 2017/2018, coma viña facendo nos últimos cursos. Por este motivo e en aras de facilitar e fomentar o uso do mesmo, este é o modelo de preinscripción para o vindeiro curso coa intención de que se distribúa entre as familias que xa teñen nenos/as no comedor e entre novos/as usuarios/as do mesmo.
 O prazo para entregar este formulario no centro escolar é ata o  30 de xuño, despois ata o 20 de xullo no Centro Municipal de Benestar Social.


23/06/17

Entre redes nas salas de cine

CEIPARUA
   O alumnado de 6º presenta o documental Entre redes nas salas de cine. Primeiro foi a estrea na Cidade da Cultura do monte Gaiás en Santiago de Compostela xunto con todos os filmes galegos do proxecto Cinema en curso.

18/06/17

Entre redes, o documental de 6º

CEIPARUA

O documental que creou o alumnado de 6º curso deste ano xa está publicado na web de cinema en curso para que poidades desfrutar del.

Parabéns os/as cinestastas!!

06/06/17

Os muros xa están pintados

CEIPARUA
Grazas as familias que colaboraron co pintado dos muros do cole, xa podemos presumir do novo aspecto dos exteriores do cole.

28/04/17

Sacamos os libros ao sol

CEIPARUA
   Estes días, e aproveitando o bo tempo, puidemos celebrar a Semana do Libro ao sol de primavera. Limos acompañados e polos recunchos do patio.

   Tamén, como cada ano, as familias que quixeron compartir con nós esta experiencia nos fixeron compañía ou nos leron algunha historia.

15/03/17

A horta volve a estar a punto

CEIPARUA



  Este ano decidimos sacar adiante algo que levaba dando voltas nas cabezas de toda a comunidade escolar;  recuperar a horta escolar. Así, despois duns anos nos que parecia estar esquecida, a horta do noso patio volve a ter actividade:


Sacharon a terra

Houbo moito que limpar


Puxéronse dacordo cos planos do proxecto


E mans a obra coa montaxe das infraestructuras
 
Puxeron cada cousa no seu sitio



   E, grazas aos pais e nais que se encargaron de limpala e preparala, a horta está lista para que nenos e nenas comecen a sementar. Mesmo nos montaron un invernadorio.

O resultado final xa está agardando as plantas
 
  Agora estamos moi ilusionados/as porque a nosa horta volve a estar lista para que poidamos plantar e aprender nela.

Moitas gazas as familias que a construíron!
Seguimos medrando xuntos!

25/02/17

Festexamos o Entroido

CEIPARUA

    Hoxe pasámolo en grande. Levábamos toda a semana facendo o que a Meca Maripili nos pedía e agardando que chegara o día de festexar o Entroido como é debido.

    Antes de saír ao patio fixemos comilonas nas aulas compartindo postres títipos desta data:


   Despois disfrazámonos!

En Infantil de Drilo, o insepector de emocións,

 

   1º e 2º de monstruos emocionantes,



en 3º er 4º de Emoticonos



e en 5º e 6º de Mimos.



Preparámonos para facer a cabalgata ao redor do cole:



Cantamos todos xuntos a cantiga deste ano:






A música que empregamos para a nosa copla...



E para rematar queimamos a Maripili e a Rodolfo: